8.1.13

Galicia

Poema escollido polo noso centro para presentar no proxecto "Poemas do Mundo" no 60 aniversario das Escolas Asociadas Unesco. 

Na linguaxe de signos temos unha versión reducida .Debaixo está enteiro. No vídeo pódese escoitar unha versión cantada.
Numeración dos signos: Galicia: 917, - docemente: 374, - mirando: 1327, - vales: 397, - montañas:92, terras:1438, - traballar:502, - mar:91, - vento:99 - pero:673, -vai:1291, - sentimento:284, -nós:5, - xente:45, - fala:756, -buscas:1405, -ti:2, - encontrala:1274

 

"Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!

Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!" 

Manuel María (1972) Os soños na gaiola.

Ningún comentario:

Publicar un comentario