28.2.13

Máquinas Especiais para o Salón do Libro

Este ano no Salón do Libro trabállase o tema das máquinas. Aquí temos unha especial feita na nosa escola. Converte políticos en comida. Axiña meteremos todas as máquinas que se presentaran no Pazo da Cultura estes días.

Calendario musical dos oficios

Compartimos con vós este fermoso video sobre os oficios tradicionais elaborado polo alumnado do CPI de Progreso de Catoira.

Noraboa polo traballo!

27.2.13

Lipdub A xustiza pola man

Un "lipdub" do CPI de Vedra, homenaxeando a Rosalía de Castro co seu poema "A Xustiza pola man".

24.2.13

Mosaico e cousas de Rosalía de Castro


-¡Escoita! Os algoasiles
andan correndo a aldea;
mais, ¿como pagar, como, se un non pode
inda paga-la renda?
Embargarannos todo, que non teñen
esas xentes concencia, nin ten alma.
¡Quedaremos por portas,
meus fillos das entrañas



Clica na imaxe para ver mellor as mil caras de Rosalía.

22.2.13

Nosa Señora da Barca

  

O alumnado de 6º participando na lectura colectiva da obra "Cantares Gallegos".
Rosalía de Castro, a nosa grande poeta, naceu o 24 de febreiro de 1837. Este é o motivo de que o 24 de febreiro fose declarado día de Rosalía e recoñecido coma tal no calendario escolar. Este ano ademais cúmprense 150 anos da primeira publicación de "Cantares Gallegos" que motivou cen anos despois a celebración do Día das Letras Galegas e que marcou definitivamente o Rexurdimento da literatura galega. A Asociación de Escritores en Lingua Galega anima aos centros a particitaren nunha lectura colectiva da obra rosaliana.

Ver todos os vídeos cos recitados dos centros colaboradores. (buscar na páxina)

Máis sobre Rosalía 

Rosaía de Castro - Biografía

24 de febreiro. Día de Rosalía


Dúas versións da Alborada de Rosalía de Castro. Celebrando o 150º aniversario da publicación da primeira grande obra galega do rexurdimento: "Cantares Gallegos"

Ana Kiro - Fálalle Galego

Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!

video

21.2.13

Rosalía en Verde

Día Mundial da Lingua Materna


O Día Internacional da Lingua Materna (21 de febreiro), instituído pola Unesco no ano 1999, convídanos a contemplar a diversidade lingüística humana coma unha vantaxe que contribúe tanto á riqueza cultural coma ao desenvolvemento dos pobos.

Esta visión tan axeitada e actual contrasta coa tradicional desconfianza que, dende os tempos bíblicos e o mito de Babel, presenta os idiomas como impedimentos para o entendemento entre persoas e comunidades. Mais, paradoxalmente, as linguas non só son os instrumentos de comunicación humana por excelencia, senón tamén os alicerces sobre os que construímos as nosas identidades, tanto individuais coma colectivas.

O lema elixido este ano pola UNESCO para a conmemoración do 21 de febreiro foi “O libro, eixe da educación en lingua materna”. Deste xeito, quérese chamar a atención sobre a importancia do material escrito e lembrar que o apoio ás linguas maternas consiste tamén en promover a produción de libros –incluídos os materiais escolares e as publicacións en formato dixital- nos idiomas locais.

13.2.13

E para rematar...

                       
Comproba o que aprendeches estes días sobre o Entroido galego!

9.2.13

Campaña Gústame o Galego



Unha campaña que xurdíu como idea da CTNL, que a coñecimos en Cuturgal en Pontevedra e que se está estendo a todos aqueles lugares, coles, asociacións, etc. que a queiran facer. O custo aproximado é de 250 a 300 € dependendo as horas.

Pódense ver tódas as fotos no facebook de  "Gústame o Galego"

4.2.13

Ollos de Aula Nº 4 (Febreiro)

  REVISTA PARA AS FAMILIAS

Clica na imaxe para vela a revista.

Neste número podemos atopar as seguintes temáticas:

- Cando empezar a aprender unha lingua?

- As sentenzas sobre o decreto do plurilingüísmo.

- Aprobar ou aprender?

- Aprendizaxe de idiomas.

- Ligazóns para recursos do Entroido, 150º Aniversario Cantares Gallegos de R. de Castro...

- Outros: libros, viaxes ...



Premio Leixaprén






Resulta unha evidencia que no mundo actual, o deporte, especialmente o profesional, constitúe unha das manifestacións sociais máis coñecidas, recoñecidas, pero tamén máis influíntes na conformación de modelos de comportamento. Moitos dos nosos rapaces e rapazas aspiran a acadar a posición social, fama ou prestixio, dos mitos do século XXI, grandes futbolistas, baloncestistas, tenistas, deportistas en xeral. Non é Galiza un país excedente e modelos deportivos de primeiro nivel mundial, pero tamén conta cos seus, especialmente en disciplinas deportivas de un "segundo nivel" ou "minoritarias". E os nosos e as nosas deportistas falan. E non son poucos os que utilizan como vehículo máis ou menos habitual de relación, a lingua galega. Son logo un espello en que a sociedade, e a mocidade en concreto, pode retratarse. Escoitar falar en galego a un medallista olímpico, ou a unha xogadora de fútbol de Champions ten un certo poder simbólico, que sen dúbida contribúe a reforzar a nosa autoestima lingüística, tanto individual como colectiva. O compromiso lingüístico dos deportistas galegos e galegas merece premio. Por iso, neste curso,. - O premio Leixaprén será para un deles, ou unha delas: