17.11.17

Cartas ó Apalpador

Todas as cartas que recibamos do 1 de outubro até o 31 de decembro entrarán no Premio de Cartas ao Apalpador 2017. Só tendes que enviar a vosa carta ao enderezo de abaixo.

Valoraremos as máis creativas, as mellor escritas e as que amosen valores naturais, sinceros e positivos.

Tamén é importante pór a idade, pois clasificarémolas por tramos aproximados. O premio está aberto a todo o mundo que lle escriba ao Apalpador. Tamén poderán participar grupos cunha carta común; pensamos en aulas, asociacións, clubes, equipos deportivos, familias, ou mesmo unha panda de colegas.

Participarán todas as cartas que estean no noso poder o 31 de decembro, tanto para as que cheguen por correo como as escritas na web. O resultado coñecerase a través deste sitio web: www.apalpador.com antes da volta das vacacións de Nadal aos colexios. Ollo, non mandedes cartas ao apartado dos outros anos!

Escribe a túa carta!

O Apalpador
Antonio Santiago (Nito) n.º 1 – 3.º C
15002 A Coruña

Ningún comentario:

Publicar un comentario